Brinca Vai! 2.0

02 Ene 2018
16

Entradas Brinca Vai! 2.0 2018

¿Te gusta este evento?
Lugar Centro Ágora. Lugar da Gramela, 17 de A Coruña, España
Martes, 02 de Enero de 2018 - 18:30:00 (Dentro de 3 semanas)
Evento público de género Concierto infantil

Entradas

Martes, 02 de Enero
-- 18:30h
Ticketea

Información del evento

Brinca Vai! 2.0 en A Coruña 

Disfruta del espectáculo Brinca Vai! 2.0 en la Sala Ágora de A Coruña el próximo 2 de enero de 2018 a partir de las 18:30 horas.

Brinca Vai! 2.0 é un espectáculo musical e audiovisual baseado no libro-cd-dvd “Brinca Vai!”, editado por Kalandraka Editora, en que se combinan cancións, imaxes, videos, animacións, retransmisións en directo e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.

Nesta ocasión, o músico e actor Paco Nogueiras e o artista audiovisual Xosé Miguel Sagüillo combinan a súa tecnoloxía, aparatos e instrumentos nunha divertidísima viaxe chea de humor, cores, imaxes, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o Magosto, o Samaín, o Entroido, o Nadal) e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe.

Unha fantástica oportunidade de regalar os ollos e as orellas, brincar e pasalo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música e a imaxe soan con forma de sorriso.

Brinca Vai! 2.0 convírtese nun espectáculo interactivo onde a música colle forma e a imaxe soa máis alegre .

Brinca Vai! 2.0 viaxará alí onde alguén queira cantar, rir, bailar ou simplemente escoitar cos ollos, as mans e orellas ben abertas!

¡No te lo pierdas!

 

FacebookTwitterPinterestGoogle

Imágenes

0/400
Sin publicaciones por el momento