Presentación "Bailando as rúas"- A banda da Loba

08 Dic 2017
26

Entradas Presentación "Bailando as rúas"- A banda da Loba 2017

¿Te gusta este evento?
Lugar Sala Capitol. Concepción Arenal, 5 en Santiago de Compostela (zona Santiago de Compostela)
Viernes, 08 de Diciembre de 2017 - 21:00:00 (Hace 5 días)
Evento público de género Música del mundo

Información del evento

Muiñeiras nos montes.
Maneos nos muíños.
Música con M de muller. 
Para poboar 
os camiños das cidades, 
as avenidas das aldeas, 
as encrucilladas nas que se agocha Pepa a Loba. 
Bailemos as rúas!

 

Integrada por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este novo proxecto, destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou outros textos tomados dos poemarios de escritoras contemporáneas como Rosalía Fernández Rial ou Celia Parra. Todo isto, baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk... e fai do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical.

 

O 8 de decembro presentarán o seu primeiro disco, "Bailando as rúas", na Sala Capitol (Compostela), onde comezarán unha xira que as levará por toda a xeografía galega.

 

FacebookTwitterPinterestGoogle

Imágenes

0/400
Sin publicaciones por el momento